- Este evento ha pasado.
Xestiona a túa empresa de forma eficiente coa IA
25 de febrero a las 16:30 – 19:00 CET
A Rede de polos acollerá a partir da primeira semana de febreiro de 2026 o programa “Xestiona a túa empresa de forma eficiente coa IA”, unha acción formativa orientada a mellorar a competitividade das empresas mediante o uso práctico da intelixencia artificial.
O programa dará comezo o mércores 25 de febreiro de 2026, cunha primeira sesión online que se celebrará en horario de 16:30 a 20:30 horas. A formación desenvolverase mantendo os mesmos días da semana e o mesmo horario ao longo de todo o programa, facilitando así a conciliación coa actividade laboral das persoas participantes. A duración do programa é de tres meses.
Esta iniciativa está dirixida exclusivamente a persoas en activo, tanto traballadoras por conta propia como por conta allea, que queiran incorporar ferramentas de intelixencia artificial á xestión diaria das súas empresas ou postos de traballo. O enfoque é eminentemente práctico e orientado á aplicación directa da IA en ámbitos como a organización do tempo, a toma de decisións, a mellora de procesos ou a optimización de recursos.
A formación está promovida pola EOI (Escuela de Organización Industrial), entidade dependente do Ministerio de Industria e Turismo. O programa é totalmente gratuito.
O inicio do programa está condicionado a que se acade un número mínimo de persoas inscritas, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes.
Con esta acción formativa, a Rede de polos reforza o seu compromiso co impulso da innovación e da dixitalización no tecido empresarial local, ofrecendo formación especializada adaptada ás necesidades reais das persoas que xa están a desenvolver a súa actividade profesional.
Se estás en activo e queres mellorar os teus coñecementos e habilidades cara a mellor xestión da actividade da empresa, non deixes pasar esta oportunidade e apúntate!
Polo de emprendimiento e apoio ao emprego O Carballiño
602501061
Ver el sitio web del Organizador
carballino@polosemprendemento.gal

