LucusHost, el mejor hosting
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Transformación da comunicación e redes sociais

29 de marzo a las 09:30 14:00 CET

O vindeiro 29 de marzo, A Estrada ten unha cita coa comunicación dixital. Para nós é un pracer organizar e impulsar os I Premios Rebumbio da Comunicación Dixital Local, un certame co que celebramos o noso 10º aniversario e que virá precedido pola Xornada sobre Transformación da Comunicación.

Co apoio de compañeiras e compañeiros do sector así coma doutras mulleres emprendedoras da Estrada, sentaremos a conversar sobre o pasado, presente e futuro dunha actividade que é o noso día a día dende o 2015. O acto, aberto a quen desexe asistir, terá lugar no Museo do Moble e da Madeira (MOME) da Estrada. Porque comunicar global dende o local, confiando na orixe e na Galicia interior, é posible!

Aproveitamos para agradecer o seu apoio de xeito especial a Marta Pastoriza Ares de linguatrabada, Pablo Vázquez Sande de atalayacomunicacion, Nuria Grandío López de konachadas, Marina Rivas Mariño no nome de moira.creativa, Chus Aldariz de dual.webmedia, Bea Rodríguez de skarletmedia, Laura Filloy Martínez, Pablo García, Verónica Barros Iglesias, Jeanette Valiñas García, Eva Fernández, Sofía Mosteiro, Antonio Chao, Ana Cela Neira e Nerea Couceiro Gestoso. O día 29 pinta ben emocionante grazas á vosa presenza.

Comeza a conta atrás! 😀

Actual Comunicación

658 54 60 82

Ver la web del Organizador

MOME

Avda. Benito Vigo, 92
A Estrada, Pontevedra 36680 Spain
+ Google Map