Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Soas ou mellor acompañadas

15 de abril a las 11:00 13:00 CEST

Estás a pensar en emprender en colectivo ou en formalizar as túas colaboracións con outras profesionais?

Falaremos disto en Santiago de Compostela 🤝

📅 Mércores 15 de abril
⏰ De 11:00 a 13:00
📍 Creativas Galegas, rúa Caldeirería, nº 36

Organizamos un obradoiro + café-networking para explorar as posibilidades do emprendemento colectivo e coñecer outras persoas coas que compartir camiño.

🧭 PROGRAMA

🔸 Obradoiro “Soas ou mellor acompañadas?”
Reflexionaremos sobre as diferentes formas xurídicas e opcións de traballo en equipo dentro da economía social.

🔸 Networking con dinámicas participativas
Un espazo para coñecérmonos, tecer redes… e quen sabe, quizais atopar futuras socias.

🔸 Presentación da Escuela Juana Millán
Unha plataforma online estatal con formación en xestión empresarial para mulleres en calquera fase do seu proxecto.

🔸 Presentación de 50pés Consultoras
Como colaboradoras en Galicia da Escuela Juana Millán.

🔸 Presentación de Creativas Galegas
Un proxecto que impulsa e dá visibilidade a profesionais do eido cultural galego.

☕ E todo isto acompañado de café e petiscos.

🎟️ Actividade gratuíta (con inscrición previa)
⚠️ Prazas limitadas

👉 Inscrición no formulario na bio

Agardámoste para pensar, compartir e construír en colectivo

Cooperativa Creativas Galegas

R. da Caldeirería, 36
Santiago de Compostela, A Coruña 15703 Spain
+ Google Map
881 30 73 52
Ver el sitio web del Recinto