Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Oferta é algo máis que o 2×1 do supermercado

27 de junio a las 19:00 21:30 CEST

Sabes por que algúns competidores nadan na abundancia e ti non?
Mira, falemos claro.

Algúns emprendedores teñen a crenza de que para gañar diñeiro chega con ser bo no que fas.

Que os potenciais clientes colapsarán os servidores do teu email e as chamadas do teu teléfono.

É só cuestión de tempo.

A realidade é que logo de seis meses terás que baixar a reixa do negocio porque non fixeches nin a primeira factura.

Mentres non aprendas a vender esquécete de ter un negocio rendible.

E si, sei o que estás a pensar. Que isto non che gusta, que non é para ti, que non sabes facelo… en esencia, que tes medo a vender.

Medo a que che rexeiten. Inseguridade sobre o valor do que vendes. Dificultades para definir e presentar unha oferta.

E para mitigalo, pois baixas o prezo ou regalas o traballo.

Ben. Pois hai solución.

Definir unha oferta comercial efectiva e que convirta é posible, se sabes como. E para definila hai que saber tamén que debe incluir e que non.

Disto falaremos na próxima Meetup de WordPress de Lugo con Yolanda Pazos, consultora e formadora en Márketing e Vendas.

O Vello Cárcere Praza da Constitución, s/n · Lugo, GA

Av. Alcalde Anxo López Pérez, 34
Lugo, Lugo 27002 España
+ Google Map