¡Tu carrito está actualmente vacío!
Pon atención.
Escoitas iso?
Si, estou seguro que si.
É unha música xa coñecida.
Tan apocalíptica como non atinada.
Son os expertos que levan matando ao SEO desde que existe como disciplina no márketing online.
Mira.
Todos os anos o mesmo
En 2013 o SEO morrera porque Google lanzou Panda.
Que se preparen as webs de merda porque agora Google valora a calidade! – Como se iso non fose a base do SEO de sempre…
En 2016 o SEO morreu porque Google comezou a mostrar respostas directas.
Google vai roubar todo o tráfico coas respostas rápidas! – O medo durou ata que aprenderon a optimizalas.
En 2024 o SEO morreu porque agora todo o contido é xerado por IA.
Os modelos GPT trouxeron o mantra de “a IA fará todo o contido” – Pero as webs mediocres seguiron sendo mediocres.
Nada morre.
Simplemente cambia.
E a iso si que tes que prestarlle atención.
De como xestionar o SEO en 2025 falaremos na próxima Meetup de WordPress de Lugo con Borja García, Consultor SEO & Content Manager en estati.co.
Terá lugar o próximo mércores día 29 de xaneiro a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).
A continuación, e xusto ao finalizar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador do Meetup LucusHost.