Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Liderando o cambio: emprendemento, redes e feminismo.

22 de diciembre de 2025 a las 09:30 14:00 CET

O eventazo profesional feminista que NON te queres perder.

Un punto de encontro imprescindible para todas as mulleres que emprenden, crean, lideran e sosteñen proxectos cunha mirada feminista e transformadora. Un espazo pensado para visibilizar liderados, compartir experiencias, analizar as desigualdades que seguen presentes no ámbito laboral e empresarial, pero sobre todo para crear rede, apoios e alianzas duradeiras.

Ao longo da mañá desfrutaremos de contidos e momentos clave que farán desta xornada unha experiencia completa e inspiradora:

 Charlas inspiradoras que nos achegarán a vivencias e aprendizaxes sobre liderado, innovación, conciliación e redes de coidado. Mesa redonda con voces potentes de distintos sectores para falar de teitos de cristal, desigualdades salariais, corresponsabilidade e retos actuais das profesionais.
 Networking feminista estruturado, deseñado para conectar, compartir e activar novas colaboracións.Gravación en directo do podcast Éramos Pocas, cun episodio especial sobre liderados femininos e aprendizaxes colectivas.
Pinchiño final, o momento perfecto para seguir conversando e tecendo redes entre mulleres que están a impulsar o cambio.

AMPEGA

653 09 44 69

Ver el sitio web del Organizador

Abanca Espacio Avenida

Calle Cantón Grande, nº7
A Coruña, A Coruña Spain
+ Google Map