- Este evento ha pasado.
Feira de Primavera de Emprendedoras
31 de mayo de 2025 a las 10:00 – 19:00 CEST
Alimentación e Gastronomía do Rural, un espazo de referencia para visibilizar o talento, a innovación e a forza transformadora das mulleres emprendedoras do medio rural galego.
Casetas expositivas, mesas redondas, espazos de diálogo e actividades para todas as idades, nun ambiente festivo que combina degustacións, saber facer e reflexión sobre o futuro do rural.
A Feira de Primavera de Emprendedoras: Alimentación e Gastronomía do Rural, é unha iniciativa impulsada polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, financiado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello de Lugo e FADEMUR.

