Dinamización do emprendemento ao redor das razas autóctonas
8 de septiembre a las 10:30 – 12:30 CEST
Gratuito

O Polo de Friol manterá o 8 de setembro unha sesión de traballo con ASOPORCEL, BOAGA e PURAGA para analizar oportunidades vinculadas aos modelos gandeiros sustentables e diferenciados e ao aproveitamento dos recursos locais.
O encontro permitirá compartir necesidades, identificar posibles vías de colaboración e definir actuacións conxuntas que contribúan a fortalecer o ecosistema emprendedor rural, favorecer o relevo xeracional e impulsar modelos de negocio sustentables ligados ás razas autóctonas.
