Queres formar parte da transformación na maneira de comunicar o medio rural? Invitámoste a asistir ao evento “Comunicación Rural Sustentable” que terá lugar o 30 de novembro no Museo MEGA (Museo Estrella Galicia), un encontro profesional único para explorar e potenciar unha nova narrativa sobre o rural.
🔹 Por que asistir?
Este evento nace da proposta dos axentes que están a transformar o rural galego e conta cunha programación centrada en mellorar a percepción e comunicación deste espazo esencial. Analizaremos casos de éxito, abordaremos os retos específicos da comunicación en positivo e exploraremos como os distintos canais –dende a prensa tradicional ata as redes sociais– poden sumar para impulsar un rural auténtico e próspero.
🔹 Oportunidade de Networking
Será un punto de encontro entre profesionais da comunicación, iniciativas rurais de éxito, xestores de redes sociais e creadores de contido. Un espazo perfecto para establecer sinerxías e crear novas oportunidades de colaboración co obxectivo de fortalecer a imaxe do rural galego.
🔹 Recoñecemento ao talento
Durante a xornada, tamén daremos visibilidade aos comunicadores e iniciativas que están facendo un traballo excepcional para mostrar un rural que mira ao futuro. Un recoñecemento a quen está impulsando, con autenticidade, esta transformación.