Cargando Eventos

« Todos los Eventos

CSI WordPress: investigando webs rotas

24 de septiembre a las 19:0020:00 CEST
Gratuíto

Hai erros que se solucionan en cinco minutos.

E despois están os outros.

Ese checkout que queda cargando para sempre. Ese 403 que aparece onde non debería. Esa web que funcionaba onte e hoxe decidiu deixar de facelo. Ese problema que parece dun plugin, logo do servidor, despois da caché… e ao final resulta ser outra cousa completamente distinta.

Nesta Meetup imos investigar webs rotas. Traeremos varios casos reais ou baseados en problemas reais de WordPress e iremos descubrindo pouco a pouco que está acontecendo.

A dinámica é sinxela:

Presentamos o problema.

Vós decidides que fariades.

– Miramos a consola?
– Revisamos os logs?
– Desactivamos plugins?
– Activamos o debug?
– Probamos outro tema?
– Miramos o servidor?

Segundo o camiño que escollamos, iremos descubrindo novas pistas ata chegar á causa do problema e ver como se resolveu realmente.

Porque cando unha web rompe, poucas veces aparece unha mensaxe dicindo:

«O problema está aquí. Preme este botón para solucionalo».

Hai que investigar.

Hai que descartar hipóteses.

E, ás veces, hai que aceptar que a solución non é exactamente a que esperabamos.

CSI WordPress é unha sesión para pensar entre todas e todos como afrontar problemas reais cando WordPress decide poñernos a proba.

Non necesitas preparar nada. Só traer ganas de investigar.

📅 Xoves 24 de setembro ás 19:00
📍 Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n)
🍻 E ao rematar, networking e petiscos grazas a LucusHost.

Quen rompeu a web?

Detalles

Organizador

Recinto

  • Vello Cárcere
  • Praza da Constitución, s/n. Lugo + Google Map