Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Foro Almorzo: Aje Escoita & Conecta

25 de septiembre a las 09:0010:30 CEST

A iniciativa xorde co propósito de conectar persoas e empresas á vez que se escoita activamente o tecido empresarial de Pontevedra. Nun momento no que resulta fundamental reforzar a colaboración este encontro brinda unha oportunidade directa para coñecer as necesidades, inquietudes e demandas máis urxentes de empresarios e emprendedores.

Non se concibe simplemente como un almorzo *networking*, senón como un foro aberto para escoitar, conectar e colaborar; un espazo para recoller necesidades e propostas concretas que poidan orientar ás futuras actividades, programas de formación, eventos e proxectos das diversas organizacións que axudan aos empresarios e emprendedores.

Data: 25/09/2026
Hora: 09:00h a 10:30h
Lugar: Sede AEMPE, Rúa da Virxe do Camiño, 2, 1ª, 36001 Pontevedra
Modera: María Buceta Vicente, MB Consultoria y Proyectos.
Inscripcións: https://forms.gle/bGUpmUsHw8McRthv5

Esta actividade está organizada por Aje Galicia coa colaboración de Aje Pontevedra e de AEMPE (Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra) e conta co apoio da Xunta de Galicia dentro do Convenio de apoio ao emprendemento.

Detalles

Organizador

Recinto

  • AEMPE
  • C/ Virgen del Camino 2, 1ª planta, oficina 27
    Pontevedra, Pontevedra 36001 España
    + Google Map