Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Galicia WordPress Day 2026

29 de agosto a las 12:0020:00 CEST
Gratuíto

Encontro estival da comunidade WordPress no Clube de Campo e Tiro de Bonxe, en Outeiro de Rei, o sábado 29 de agosto desde as 12:00.

Haberá visita guiada, presentación de proxectos, unha actividade sobre WordPress e intelixencia artificial, picnic con comida e bebida incluídas, xogos, un escape room con premios e tempo para networking.

O evento é aberto a calquera persoa interesada en WordPress, deseño web ou negocios en Internet, aínda que non coñeza a ninguén ou chegue pola tarde.

O acceso é en coche, pero a organización pode coordinar recollidas e compartir vehículos. Recoméndase anotarse no Meetup de WordPress Lugo, en Telegram ou escribindo a [email protected] para calcular a comida necesaria.

Organizan a comunidade WordPress Lugo e botan unha man LucusHost e o Clube de Campo e Tiro de Bonxe.

Detalles

Organizador

Recinto

  • Clube de Campo e Tiro de Bonxe, en Outeiro de Rei (Lugo)
  • Aquí: https://share.google/zWlZWgvLWsxLUrl1D + Google Map