Axudas para autónomos

¿Es autónomo ou está pensando en emprender? Isto interésalle. 👇
Cada ano póñense en marcha axudas, programas de formación e recursos que poden marcar a diferenza nun negocio. Porén, moitas persoas non os aproveitan simplemente porque descoñecen que existen.
O vindeiro 27 de xullo, en Vigo, celebraremos unha xornada divulgativa na que falaremos, dun xeito claro e práctico, das ferramentas que a Xunta de Galicia pon ao servizo do traballo autónomo e do emprendemento.
Contaremos coa participación de Susana Pérez, Marta Mariño, Belén Liste, un técnico do Polo de Emprendemento e dous proxectos que compartirán a súa experiencia real de crecemento e acompañamento.
Se tes un negocio, estás dando os teus primeiros pasos ou simplemente queres coñecer que oportunidades existen para seguir medrando, esta xornada é para ti.
