- Este evento ha pasado.
AWS Community GameDay Europe 2026 – Galicia
17 de marzo a las 17:30 – 21:00 CET
Prepárate para unha tarde de intensidade, aprendizaxe e competición directamente na consola de AWS!
Dende o AWS User Group Galicia, unímonos a outros grupos de usuarios de toda Europa para presentar o AWS Community GameDay Europe. Este é un evento masivo e sincronizado a nivel continental: unha oportunidade única para poñer a proba as túas habilidades na nube nun contorno divertido, práctico e 100% real.
🧩 ¿Que é un AWS GameDay?
É un evento de aprendizaxe gamificado no que os equipos deben resolver retos técnicos baseados en problemas do mundo real. A diferenza dun obradoiro tradicional, aquí non hai diapositivas nin guías paso a paso: é un contorno aberto que che dá liberdade total para explorar solucións “fóra da caixa”.
Nesta edición especial, enfrontaraste a desafíos de IA, Seguridade e Cloud-Native. ¡Práctica pura, cero teoría!
🔧 Información práctica
- Sede: Vémonos no CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) en Santiago de Compostela.
- Equipos: De 2 a 4 persoas. Podes vir co teu equipo ou buscaremos un para ti alí mesmo. ¡É a mellor forma de coñecer outros profesionais do sector en Galicia!
- Equipo técnico: Imprescindible traer o teu portátil (o centro proporcionará conexión a internet).
- Cuenta de AWS: Darémosche acceso a unha conta temporal. Non necesitas usar a túa nin incorrer en gastos.
- Idioma: Ten en conta que, ao ser un evento sincronizado con toda Europa, tanto a plataforma de xogo como o streaming internacional serán en inglés. Non obstante, na sede estaremos todos para axudarnos e comentar a xogada en castelán/galego.
- Comida y bebida: Haberá snacks e algo de picar para repoñer forzas durante a competición.
🏆 Premios
Non só compites pola gloria europea! Teremos premios locais para os mellores equipos da nosa sede en Santiago.
🕒 Agenda (Horario sincronizado)
20:45 – Remate: Entrega de premios locais e networking final.
17:30 – 18:00: Chegada ao CNTG, rexistro e formación de equipos.
18:00 – 18:20: Introdución oficial (Conexión vía streaming con toda Europa).
18:20 – 20:30: GameDay en directo: ¡A resolver retos!
20:30 – 20:45: Cerimonia de clausura europea e anuncio dos gañadores globais.

